A G2 estrea A pita cega, un programa infantil para as fins de semana

Está inspirado nun formato creado por France 3 Bretaña

A segunda canle da Televisión de Galicia emitirá cada mañá das fins de semana, ás 08:00 horas, un novo programa infantil chamado A pita cega. Inspirado nun programa en lingua bretoa producido pola canle pública France 3 Bretaña, A pita cega presentará fragmentos de debuxos animados de clásicos da Televisión de Galicia e incluría as "mellores curtametraxes" dos centros participantes no programa Nós tamén creamos!, promovido pola Consellería de Cultura, a CRTVG e a editorial OQO. A pita cega tamén inclúe actividades do programa Axóuxeres, coma xogos clásicos para facer en galego.