A Xunta terá que pagar tres millóns de sobrecustos na Cidade da Cultura

O Tribunal Supremo confirma a condena a considerar que a indefinición do proxecto repercutiu na construtora

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

O Tribunal Supremo acaba de condenar a Xunta de Galicia a pagar tres millóns de euros a maiores á construtora FCC polas obras da Cidade da Cultura. A sentenza confirma a que xa ditara a audiencia provincial da Coruña en 2017, e sinala que a falta de definición do proxecto xerou uns sobrecustos que repercutiron na empresa que naquel momento se encargaba dos traballos. En concreto, e segundo recolle Praza Pública, o Supremo establece o pago de 79.447,889 euros por unha estrutura metálica, 511.675 euros pola fachada de vidro do actual Museo de Galicia, 885.999 euros de "recontratacións nas instalacións", 206.060,43 euros pola "recontratación da colocación de pedra en fachadas e cuberta" e 261.640 euros por "traballos de desenvolvemento asumidos polo contratista".

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tribunal Supremo, Xunta de Galicia, Museo de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia