A Academia do Audiovisual dá o seu Premio de Honra ao proxeccionista do CGAI

José María Rodríguez Armada recibirá o seu galardón na gala dos Premios Mestre Mateo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Chema Rodríguez Armada, Premio de Honra Fernando Rey da AGA 2020

Chema Rodríguez Armada, Premio de Honra Fernando Rey da AGA 2020

A Academia Galega do Audiovisual ven de facer pública a concesión do seu premio de honra anual, o Premio de Honra Fernando Rey, ao proxeccionista do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI ) José María Rodríguez Armada, "Chema". 2020. Desde a AGA salientan que Rodríguez Armada é unha figura fundamental na estrutura do CGAI, onde realiza labores de restauración, conservación e divulgación do noso patrimonio audiovisual. Con esta decisión a academia pon en valor ademáis a labor realizada por este centro público e o traballo dos técnicos do audiovisual que se fai fóra dos focos da produción. Chema Rodríguez recibirá o galardón na Gala dos Premios Mestre Mateo, o vindeiro 7 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña.

Fillo de emigrantes en Francia, a súa adolescencia transcorreu en Cariño. Afeccionado ao cine de sempre, foi entón cando xermolou a súa cinefilia nos cines La Solana ou Gran Vía. Chegou ao CGAI como alumno en prácticas da EIS de Someso. Segundo é mesmo confirma á AGA, as súas tarefas do día a día inclúen atender a profesionais, investigadores e estudantes que desexan consultar o arquivo de imaxes históricas; "tentar construir un arquivo no que se conserve a maior parte do noso patrimonio fílmico e tentar de recuperar e restaurar o que se poida cos medios que temos; e claro, dixitalizalo, nestes tempos é a palabra máxica, a dixitalización, para facilitar o acceso e a conservación". Todo iso sen desatender as proxeccións que se levan a cabo na sala de martes a sábado.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Premios Mestre Mateo, Ópera, Centro Galego de Artes da Imaxe...