Na estrita intimidade familiar levarase a cabo hoxe a incineración do corpo de Xulio Amigo. Quen fóra director comercial da Editorial Galaxia, directivo da Asociación Galega de Editores e presidente da Asociación Culturgal, faleceu repentinamente aos 56 anos o pasado sábado causando unha fonda conmoción no mundo da cultura en Galicia, sobre todo entre o sector literario onde era moi coñecido e prezado. Xulio Amigo (Cangas do Morrazo, 1963-2020) desenvolveu a súa carreira profesional maiormente na Editorial Galaxia, da que foi director comercial durante máis de 18 anos. Desde a editora fixeron público un comunicado ao coñecer a repentina noticia do seu falecemento expresando a súa desolación ante a perda insubstituÃble dun membro da súa "familia" ao que definen como "traballador incansable, Ilusionado e apaixonado polo traballo" e lembran "a súa fecunda imaxinación creativa que nos sorprendÃa todos os dÃas". "Xulio repetÃa sempre que Galaxia era unha prolongación do seu corpo. -din no comunicado desde a Editorial- Asà que hoxe sentÃmonos mutilados, sabedores de que a vida, tan inxusta tantas veces, nos arrincou para sempre un anaco de nós". Ao longo da fin de semana foron tamén moitas as persoas que expresaron a súa dor pola perda de Amigo a través das redes sociais. Escritores e escritoras, outros editores e institucións como o Concello de Moaña co que viña de presentar unhas rutas literarias por Tirán, a Asociación Culturgal que el presidiu en máis dunha ocasión, e a Asociación Galega de Editoriais da que tamén formou parte da súa directiva ao longo dos anos. O ilustrador Kiko da Silva publicou emocionado unha das súas "Silveiras" dedicada a Amigo que xa será a imaxe que se asociará ao sentir popular que deixa esta perda entre a cultura literaria galega.
A SILVEIRA de Kiko da Silva
— kiko da silva (@dasilvakiko) February 22, 2020
23/02/2020 EL CORREO GALLEGO
Probablemente esta é a viñeta que máis me custou facer en moitos anos, porque é moi difÃcil debuxar entre bágoas, mentras resonan na miña cabeza as verbas que me dixeches hai un mes... pic.twitter.com/9AdludGqod