O concello de Tomiño convértese no primeiro concello mecenas da Casa de Rosalía

Achegará anualmente 2000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O concello de Tomiño converteuse na primeira entidade municipal galega en converterse en mecenas anual da Casa de Rosalía de Castro. O pleno do concello aprobou unha achega anual de 2.000 euros, que conecta simbolicamente coa contribución que o concello xa fixera en doazóns históricas en 1953 e 1971. Con esta achega, escolares e entidades sociais deste concello do Rosal poderán ter visitas guiadas de balde á casa. A Fundación Rosalía de Castro agarda que nos vindeiros meses se incorporen outros concellos como mecenas ao proxecto.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Casa de Rosalía, Tomiño, Rosalía de Castro, Fundación Rosalía de Castro