Escollen ao enxeñeiro Andrés Comerma como científico do ano 2020

A celebración será o 8 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Andrés Comerma

Andrés Comerma

O polifacético enxeñeiro e arquitecto naval Andrés Comerma (1842-1917) acaba de ser escollido pola Real Academia Galega de Ciencias para ser homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 2020. O acto central será o 8 de outubro, pero de seguido comezará a difusión dunha figura descoñecida para o gran público pero de gran relevancia na Galicia do século XIX. Comerma, de orixe catalá, foi o arquitecto responsable da construción do Dique da Campá, en Ferrol, unha das máis grandes da Europa do momento. Comerma realizou experiencias telefónicas en Ferrol antes mesmo que as de Madrid e Barcelona e foi o introdutor dos raios X en Galicia. Empresario e promotor do esperanto, entre outros moitos intereses, é unha figura do seu tempo que agora será de novo dada a coñecer.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Atenea 35

Quiosco: Atenea 35

Os 130 anos do Dique da Campá protagonizan a capa da revista do Ateneo Ferrolán

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Ferrol, Real Academia Galega de Ciencias, Barcelona...