Comerma: as pegadas dun científico en Ferrol para celebrar o Día da Ciencia

Publícase un novo roteiro da cultura galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Inauguración do Dique da campá.

Inauguración do Dique da campá.

É difícil resumir a vida e, sobre todo, os intereses dunha figura coma o catalán Andrés Avelino Comerma, enxeñeiro e xeneral do exército na Armada, en Ferrol, e unha das figuras máis destacadas da ciencia galega na segunda metade do século XIX. Enxeñeiro, arquitecto e paisaxista, tamén destacou pola promoción do folclore popular galego. Hoxe, a Academia Galega das Ciencias celebra o Día da Ciencia no Ferrol, e para acompañar a celebración, o Consello da Cultura Galega publicou, na plataforma Roteiros da Cultura Galega de culturagalega.gal, o roteiro "O Ferrol de Comerma". Deseñado e redactado por Guillermo Llorca, experto na vida e obra do militar, o roteiro permite coñecer as pegadas biográficas e intelectuais de Comerma no casco vello de Ferrol. Sedes de xornais, de institucións cívicas e algúns dos proxectos nos que participou, desde o deseño de xardíns ou a dirección temporal das obras do Teatro Jofre ata o seu proxecto máis significativo: a construción do Dique da Campá.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Atenea 35

Quiosco: Atenea 35

Os 130 anos do Dique da Campá protagonizan a capa da revista do Ateneo Ferrolán

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Guillermo Llorca, Teatro, Teatro Jofre...