A familia de Antón Tovar cede a casa do poeta para crear un museo

O Concello de Rairiz de Veiga solicita apoio a Xunta e Deputación para desenvolver o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O pleno do Concello de Rairiz de Veiga debate na mañá deste 6 de febreiro aceptar a cesión da casa do poeta Antón Tovar. A familia do autor comunicou a súa intención de traspasarlle á institución de xeito gratuíto e por tempo indefinido o edificio para crear unha casa-museo dedicada ao mesmo. A corporación municipal xa anunciara hai anos a súa intención de pór en marcha este proxecto, e agora reclámalle á Xunta e á Deputación de Ourense o seu apoio a sinalar que non dispón de recursos abondos para o desenvolver pola súa conta. A intención é que estas entidades contribúan na reparación da casa e no seu acondicionamento para amosar unha colección de obxectos persoais do escritor.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Tovar, Deputación de Ourense, Museos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares