A exposición Xirarei: Deseño de cubertas no disco galego 1955/1995 percorre 40 anos de deseño de cubertas a través de case 600 pezas no Auditorio de Galicia, en Santiago. Comisariada por Fausto Isorna, esta mostra parte do disco de JoselÃn do ano 1955, primeiro EP con ilustración na portada do que hai constancia; desde aà faise unha viaxe de 40 anos levará aos visitantes desde as primeiras portadas xenéricas, onde o deseño aÃnda era secundario, ata o momento no que adquire presenza con nomes como Pepe Barro, Xoán Piñón ou Victor Aparicio. En palabras do comisario "estamos ante un proxecto expositivo que non pretende ser unha revisión cronolóxica ou histórica no eido da música en Galicia, senón unha homenaxe ao vinilo e a carpeta nun 'safari tipolóxico' de portadas que se agrupan e relacionan por temas como a Catedral, Sargadelos, os gaiteiros ou o traxe galego, a paisaxe, a bandeira, os deseños máis modernos ou minimalistas, as portadas con fotografÃas ou aquelas que recollen obras de pintores como Luis Seoane, Laxeiro, Joán Miró, ou portadas como a do disco 'Anduriña' de Juan e Junior ilustrada cun cadro de Picasso".
Non esquece a mostra referencias as primeiras discográficas de selos especializados en música galega como Xistral ou Abrente, que pon en marcha o recentemente falecido Nonito Pereira, merecedor na exposición dun xusto recoñecemento xunto a figuras senlleiras da música popular galega como Manuel Mirás a quen se considera inventor da autoedición. Mención especial acada Ruada, primeira discográfica totalmente galega, que representa un dos máis importantes pasos a prol dunha industria musical no noso PaÃs. Artigos, portadas de revista dedicadas as figuras do pop, dous documentais, carteis e unha mostra de pickups portátiles completan a exposición. Conta a mostra con fondos do arquivo da Biblioteca de Galicia e do Consello da Cultura Galega, xunto aos da Casa Museo Manuel MarÃa e as cesións de coleccionistas privados e con colaboracións puntuais da Fundación SGAE e Galicia Calidade. A exposición estará aberta no Auditorio de Galicia ata o 24 de maio de 2020.