A Acadèmia del Cinema Català ven de premias á película O que arde ,de Oliver Laxe con dous dos seus máximos galardóns, os Premis Gaudí, ao ver nela a Mellor Película Europea de 2019 e recoñecer o traballo de Mauro Herce na fotografía. Laxe e Herce recolleron esta fin de semana os seus premios en Barcelona na gala de entrega da XIIª edición destes premios. Ás portas xa dos Premios Goya, o vindeiro día 25 en Málaga, O que arde acada dous premios en categorías nas que tamén é candidata nos galardóns da academia española, neste caso como mellor pelíocula nacional e tamén no de mellor fotografía, ademais das candidatura a mellor director para Laxe e de actriz revelación para Benedicta Sánchez.
Os Premis Gaudí tamén recoñeceron outras películas de produción galega. O actor catalán Enric Auquer repetiu premio como actor de reparto na película Quien a hierro mata de Vaca Films, tal e como viña de ocorrer nos recentes Premios Feroz. A mesma película acadou tamén o galardón á mellor dirección de produción para Oriol Maymó. Ademais a cinta de isabel Coixet Elisa y Marcela, gravada en Galicia para Netflix sobre un suceso veríduco ocorrido na Coruña, recibiu o recoñecemento á Mellor dirección artística, para Sylvia Steinbrecht.