O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a declaración de recoñecemento de interese cultural da nova Fundación Luzes. O ente que xurdiu a partires da revista Luzes, que xa foi presentado en sociedade na pasada feira Culturgal de Pontevedra, ten por obxecto "o fomento e difusión da cultura galega, o estudo e investigación sobre a sociedade galega, a promoción do debate público e de elaboración de propostas e retos de Galicia", segundo consta nos seus estatutos. A Fundación Luzes, segundo comunicaba en Pontevedra o seu presidente Manuel Bragado, será unha ferramenta de actividade cultural e social para levara cabo actividades e impulsar foros de reflexión e estudo. Dentro da entrada no Rexistro de Fundacións de Interese Galego o recoñecemento da clasificación da Fundación Luzes como de interese cultural adscribe a fundación ao protectorado especÃfico da ConsellerÃa de Cultura e Turismo nos dereitos e deberes para velar polo seu correcto funcionamento e para o apoio ao seu obxecto social. A Fundación Luzes foi constituÃda en escritura pública outorgada na Coruña o 7 de maio de 2019, ante o notario Raúl Muñoz Maestre, por Manuel Bragado (Presidente), Juan Janeiro (Secretario), Xesús Vega Buján (Tesoureiro), Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Ana LuÃsa Bouza, Xoán Antón Pérez Lema, Ana MarÃa Pumares, VÃctor Francisco Sampedro e MarÃa Isabel Romero Barciela (vogais).