Manuel Rivas e X.M. Pereiro buscan resucitar Luzes

Presentaron un número 0 da revista que será mensal e en formato papel

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Capa do número 0 de Luzes

Capa do número 0 de Luzes

Recuperar o xornalismo en tempos de crise, atendendo a reportaxes longas e á escrita irónica. Esta é a premisa coa que Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro presentaban onte, na feria do libro da Coruña o número 0 de Luzes. A revista, que aspira a ter periodicidade mensal e que contará cun amplo suplemento cultura titulado República estará coordinada por Iago Martínez e contará cun nutrido consello de redacción no que participan diferentes nomes da cultura e da comunicación do país. O prezo de venda será de 6 euros e preténdese que a publicación conte cunha versión electrónica que se poida ofertar tamén en castelán e portugués.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Luzes, Xosé Manuel Pereiro, Xornalismo...

Claves

Entidades