O Teatro RosalÃa de Castro da Coruña acollÃa na noite deste 3 de decembro a entrega dos I Premios de Turismo de Galicia. Estes galardóns, creados polo Clúster Turismo de Galicia e a Xunta foron para a restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela na categorÃa Patrimonio, mentres a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco levou o galardón na categorÃa de Promoción. O Resurrection Fest obtivo o premio como mellor Evento mentres a asociación Camiño dos Faros foi recoñecida no campo da Sustentabilidade.
A axencia especializada no Camiño de Santiago Pilgrim Travel impúxose na categorÃa Vangarda e a vila de Ribadavia obtivo o premio como mellor Escenario. Houbo recoñecementos tamén para Luz Casal como Embaixadora Nacional 2019, e para Hong-jo Chun, embaixador da República de Corea en España como Embaixador Internacional. O labor de Moncho e Paco Vilas a prol da difusión da cociña do paÃs foi tamén lembrado co premio Pioneiros.
O xurado que realizou a selección estivo composto por Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia; José LuÃs Mestre, director de Competitividade de Turismo de Galicia; Alfonso MartÃnez, representante do Consorcio TurÃstico de Empresarios de Sanxenxo; Jesús Picallo, presidente de Solpor, Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra-MuxÃa; Sara Santos, presidenta da Asociación HostalarÃa de Compostela; Lorena Varela, xerente da Ruta do Viño RÃas Baixas; Francisco González, representante no Clúster pola Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra (ASEHOSPO); José Antonio Fraiz, profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo; Tomás Abeigón, director de Negocio TurÃstico de Banco Sabadell; e Rodrigo Burgos, director do museo MEGA: Mundo Estrela Galicia. En total recibÃronse máis de 160 propostas aos galardóns.