Kiko da Silva está de actualidade con novas publicacións e proxectos

Da Silva a eito

Kiko da Silva está de actualidade, xa que acaba de incorporarse ao consello de redacción da revista Golfiño, que edita "La Voz de Galicia". Por outra parte, coa colaboración de Miguel Anxo Robledo, realizou “Pol & Cía”, un cómic a cor que usa a linguaxe da BD como ferramenta didáctica de educación vial para os máis pequenos. Está editado pola Xunta de Galicia e distribúeselle aos colexios da comunidade. Ademais, o deseñador vigués prepara a inminente presentación do número 4 de BD Banda, a revista que dirixe. Esta cuarta entrega saíu de imprenta e xa se lle está distribuíndo ás librerías. Noutra orde de cousas, Da Silva colabora desinteresadamente coa ONG Solidaridade Internacional Galicia, realizando o deseño de cartelería, manteis, carpetas e postais da campaña a prol do “Comercio xusto”. Mentres, a editora pontevedresa Kalandraka editará en coreano as súas obras "Moncho e a Mancha" e "Rato de campo, rato de cidade".

Podes visitar Solidaridade Internacional Galicia e Kalandraka