Unha xornada e un documental recuperan a figura do trobador Martín de Padrozelos

A Quenlla publica un disco con dez temas do considerado primeiro trobador galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Unha xornada e un documental recuperan a figura do trobador Martín de Padrozelos

Sarria acolle o vindeiro 30 de novembro a xornada Trobador no Camiño. Andares pola lírica de Martín de Padrozelos, un encontro que quere reivindicar a figura do está considerado o primeiro trobador do país. A iniciativa conta cunha mesa redonda na que Lois Celeiro, José Martinho Montero Santalha, Baldomero Iglesias, Xulio Pardo de Neyra e Dulce Fernández Graña abordarán esta figura do século XI e a súa importancia na lírica medieval galego-portuguesa. O proxecto, promovido pola Asociación de Xornalistas e estudosos do camiño de Santiago inclúe tamén a proxección dun documental do mesmo nome que a xornada, no que Xoán Piñeiro percorre as paisaxes vencelladas a este personaxe histórico.

A recuperación do legado de Martín de Padrozelos complétase, no marco desta mesma iniciativa, co lanzamento do disco Trobador no camiño, o que o grupo A Quenlla interpreta as dez cantigas conservadas do trobador, nove delas cantares de amigo e unha de amor. O grupo presentará este lanzamento cun concerto no remate da xornada do día 30.

A iniciativa conta co apoio do programa O teu Xacobeo e mais coa colaboración dos Concellos de Sarria, Samos e O Incio.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Xulio Pardo de Neyra, Sarria, Camiño de Santiago...