A homenaxe a Xohán de Requeixo en Monte do Faro é a base dun libro recompilatorio de versos sobre o trobador

Tributo ao trobador

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O que foi un acto de homenaxe ao trobador Xohán de Requeixo o pasado mes de agosto no Monte do Faro convértese agora nun libro. O volume recompilará os versos dos poetas galegos e portugueses, vintecinco en total, que naquela xornada festiva recitaron en persoa os seus traballos e alén diso inclúe aqueles que xa escribiran anteriormente sobre o trobador e os que pese a non poder acudir no día da homenaxe enviaron as súas obras. A publicación, coordinada por Xosé Lois García, engade un CD coas cinco cantigas que se conservan de Xohán de Requeixo adaptadas por César del Caño. O volume presentouse o sábado día 3 no Casino de Chantada.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Lois García, El Correo Gallego, Chantada

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares