Martinho Montero Santalha: “Na sociedade galega hai unha minoría grande de xente que se sinte parte do mundo da lingua portuguesa”

A Academia Galega da Língua Portuguesa preséntase ao público en Compostela

6/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle esta mañá a presentación pública dunha institución singular. A Academia Galega da Língua Portuguesa xorde coa intención de achegar unha visión lusista á construción da lingua, en ámbitos coma a grafía ou o vocabulario e mais a difundir esta visión do galego, tanto dentro como fóra do país. No acto, para alén dos membros, cóntase coa presenza de representantes das Academias de Ciencias de Lisboa e mais da Academia de Letras Brasileira, da Universidade de Santiago e da Vicepresidencia da Xunta, entre outros persoeiros. Toda unha posta de longo para un colectivo que quere traballar a prol da integración da nosa lingua no sistema lusófono. Martinho Montero Santalha, primeiro presidente do proxecto.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lisboa, Lingua galega, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)