Dous investigadores atopan documentos que reforzan a orixe galega da lírica medieval

A tese galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Novos achados volven darlle vigor ás teses que reforzan que a lírica medieval galego-portuguesa ten a súa orixe en Galicia, máis concretamente, na cidade de Santiago e está relacionada co eido eclesiástico. A idea, que se engade ás xa defendidas por outros historiadores foi presentada polo investigador da Universidade de Santiago, José Antonio Souto Cabo e a investigadora da Universidade de Campinas-Sao Paulo, Yara Frateschi. Apóianse nuns escritos que se conservan nos arquivos da Catedral de Santiago que permiten datar a vida do trobador Airas Fernandes Carpancho, a quen se lle atribúen numerosas cantigas no século XIII.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, La Voz de Galicia, Catedral de Santiago

Claves

Entidades
Conceptos