7 é o tÃtulo da obra elaborada a punto de cruz con la sobre arpilleira branca coa que Mauro Trastoy gañaba onte o Premio DÃaz Pardo de Artes Plásticas. O xurado do galardón que convoca a Deputación da Coruña recoñeceu o traballo do creador ferrolán a sinalar "como esta é resultado dunha singular investigación e experimentación con técnicas relacionadas coa trama e a urda e o quefacer artesanal para facer unha pintura sen pintura, a partir de xestos mÃnimos e unha incidencia no proceso e na repetición do motivo". Segundo o fallo, o proxecto "consegue renovar a tradición da pintura reivindicando ao mesmo tempo as nosas tradicións artesanais".
O 7 de Trastoy, que lle reportará ao artista 6.500 euros en metálico, fará parte dunha exposición itinerante que visitará dez concellos da provincia da Coruña. No marco do certame, a Deputación da Coruña destina ademais 25.000 euros para a adquisición das vinte obras finalistas no certame que tamén farán parte desta mostra.