Ángela de la Cruz é galardoada co Premio Nacional das Artes Plásticas

A artista coruñesa afincada en Londres foi recoñecida polo Ministerio de Cultura

A creadora coruñesa afincada en Lóndres Ángela de la Cruz foi galardoada onte, 19 de outubro, co Premio Nacional de Artes Plásticas que outorga anualmente o Ministerio de Educación e Cultura. O galardón, dotado con 30.000 euros, recoñece "a intensidade da súa obra, que explora a complexa relación entre o espazo ilusionista da pintura e a presenza física da escultura", segundo explica a nota do Ministerio. Ademais, apunta que "a radicalidade do seu traballo e a súa maneira de conceptualizar a pintura sen perder o indubidable atractivo forma, serviulle para gañar o respecto e un lugar destacado no contexto nacional e internacional". De la Cruz mantén unha intensa relación con Galicia que a levou a expor en espazos como o MARCO de Vigo ou a Fundación Luís Seoane, e é a única artista española finalista nos prestixiosos premios Turner.

O xurado estivo presidido por Luis Lafuente, director xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural e contou con Begoña Torres, subdirectora xeral de Promoción das Belas Artes, David Barro, editor e comisario, Vanesa Cejud, investigadora e crítica de cultura visual, Carolina Díaz, directora da Fundación ARQ ART, Amparo López, productora cultural, Tania Pardo, responsable de exposicións na Casa Encendida e Alfonso de la Torre, teórico ecrítico de arte.