A coruñesa Ángela de la Cruz finalista dos Premios Turner

É un dos galardóns máis destacados do panorama artístico internacional

Malia ter nacido na Coruña era unha perfecta descoñecida en Galicia ata o ano 2004, cando o MARCO a convidou para intervir no seu espazo Anexo. A partir de aí, a coruñesa Ángela de la Cruz, unha habitual nunha das galerías máis importantes do Reino Unido (a Lisson Gallery) comezou a ter unha maior presenza no circuíto artístico galego. Agora, convértese na primeira española finalista nos premios Turner, un dos máis relevantes do mundo da arte e dotado con 46.450 euros (dos que o artista gañador só recibe 25.000, xa que os outros finalistas se reparten a diferenza). A vida desta coruñesa estivo marcada por unha hemorraxia cerebral que lle ocasionou unha parálise temporal. A obra coa que opta ao premio é unha deconstrución das súas pinturas que a artista manipula para presentala como esculturas. O gañador saberase o vindeiro 6 de decembro.

Ligazóns