Felipe Lage é o novo presidente da Asociación de Produtoras Independentes

Agapi levou a cabo a renovación da Xunta Directiva de acordo aos seus estatutos

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
De esquerda a dereita: Felipe Lage, presidente; Ignacio Vilar, vogal; Dolores Ben, vogal; Andrea Vázquez, tesoureira e X.Lois Ledo, vicepresidente       Foto: Agapi

De esquerda a dereita: Felipe Lage, presidente; Ignacio Vilar, vogal; Dolores Ben, vogal; Andrea Vázquez, tesoureira e X.Lois Ledo, vicepresidente Foto: Agapi

A Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, ven de renovar por unanimidade a súa Xunta Directiva por un período de dous anos, tal e como establecen os Estatutos. Felipe Lage Coro, de Zeitun Films, será o novo presidente da Asociación neste período, ao que acompañará como vicepresidente, X.Lois Ledo de Nós Produtora Cinematográfica Galega. O cargo de secretaria seguirá en mans de Luisa Romeo de Frida Films e a tesourería pasa a incorporar a Andrea Vázquez de Miramemira. Continúan como vogais Ignacio Vilar de Vía Láctea Filmes, J.Antonio Velo de Ástrágalo Studio e Manolo López de Tex45. Incorpóranse ao equipo Dolores Ben de Cinemar Films e Daniel Froiz de Matriuska. A nova Xunta Directiva asume o cargo con ilusión e compromiso de traballo a prol do audiovisual galego como se leva facendo desde a constitución de Agapi no ano 1994 e fai un chamamento a todas as produtoras independentes a unirse á asociación. A próxima actividade de Agapi, en colaboración coa Deputación da Coruña, será a xornada A PRODUCIÓN AUDIOVISUAL A DEBATE que terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro no Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na Praza das Praterías (Santiago de Compostela) na que se tratarán temas como a distribución ou o papel das administracións nas axudas á produción.

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dolores Ben, Ignacio Vilar, Deputación da Coruña, Zeitun Films...