Dolores Ben é reelexida presidenta de Agapi

A xunta directiva centrarase na promoción exterior do audiovisual galego

28/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI) celebrou a semana pasada unha Asemblea Xeral na que os socios elixiron á súa Xunta Directiva. Dolores Ben repite como presidenta desta entidade cun equipo ao que se incorporan como vogais Emma Lustres (Vaca Films) e Isaac González (Massvisual Servizos Planos). A súa presidencia, que se estenderá ata 2011, terá un “plan de traballo centrado na promoción e difusión exterior do audiovisual galego, na investigación dos novos formatos audiovisuais no contexto dixital e nas propostas sobre o marco legal a nivel autonómico e estatal”, tal e como figura nunha nota de prensa remitida por Agapi.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAPI, Dolores Ben, Isaac González, Vaca Films...