Ribadavia pon a andar a aula municipal de teatro

A localidade que acolle a MIT desde fai 35 anos comeza a dar este servizo público

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Ribadavia é unha das capitais teatrais de Galicia grazas á celebración nela, desde 1973, da Mostra Internacional de Teatro, agora o Concello de Ribadavia dá un paso máis nesa relación estratéxica coa arte dramática abrindo a súa propia aula de teatro. A Aula Municipal de Teatro de Ribadavia crease como parte dos servizos culturais da localidade, coa finalidade xeral de impulsar e potenciar a formación teatral e artística, así como a capacidade creativa dos veciños. Aínda que se contempla a posibilidade de que a Aula teña carácter itinerante e poida ter lugar en diferentes parroquias do termo municipal, inicialmente a Casa de Cultura da localidade ourensá acollerá esta actividade que se ofrece en catro ciclos de idade: infantil, primaria, xuvenil e adultos As clases comezan este mesmo mes de outubro e durarán nove meses, ata xuño. Ao finalizar o curso cada ciclo finalizará con unha mostra dos alumnos e alumnas no mes de xuño, sen prexuízo de que poda representarse de novo dentro de algún programa cultural que organice o concello ou outras entidades.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, MIT, Concello de Ribadavia

Claves

Conceptos
Lugares