Falece o humorista gráfico Nacho Hortas

O debuxante tivo un activo papel no desenvolvemento da BD galega ademais de colaborar en diversos xornais

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Ilustración de Nachortas para os trinta anos do Museo do Humor. Fonte: Museo do Humor de Fene.

Ilustración de Nachortas para os trinta anos do Museo do Humor. Fonte: Museo do Humor de Fene.

O humorista gráfico Ignacio Manuel Hortas Rodríguez, coñecido como Nachortas, falecía o pasado venres aos 64 anos de idade. Hortas era moi coñecido polas súas colaboracións en La Voz de Galicia, onde publicou ao longo de dúas décadas, e mais en Sermos Galiza durante os últimos anos. Hortas fora un dos creadores do fanzine Barbaña Cómix a mediado dos anos oitenta, unha das patas sobre as que se fundou Frente Comixario en Ourense. Colaborou noutras publicacións de novena arte como Valiumdiez, Das Kapital ou Golfiño ademais de proposta de humor gráfico como Can sen Dono, ou Xo!. Nado en León, botou a súa vida profesional en Galicia onde se implicou activamente na defensa da nosa lingua e da nosa cultura.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

fin de semana 19/01

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Golfiño, La Voz de Galicia, Sermos Galiza...