
Cuatro estaciones representa para o dúo a finalización dun periplo cheo de incertidumes e sorpresas malas e boas, sobre todo boas, e en todo caso dunha aventura que iniciaron cando o pasado ano, tras unha mala experiencia co seu primeiro disco Vendetta(2016) decidiron loitar pola súa liberdade creativa e de promoción e iniciaron diversas accións que os puxeron no foco de medios non só musicais cunha exitosa campaña de crowfunding(como detallamos na nosa reportaxe Presumido: catro estacións de independencia) . Desde entón e a través das súas redes sociais o dúo mantén unha constante comunicación cos seus seguidores facéndoos partícipes de todos os pasos que estiveron dando neste proceso ata Cuatro estaciones ao mesmo tempo que ían sacando videoclips de ata cinco dos temas deste segundo longa duración. Nestes días anteriores á saída do disco os Presumido foron tamén presentando tres vídeos titulados como El año necesario, nos que resumen, en palabras o que foi este ano de creación e aventura musical Este final é tamén un principio para eles, agora comezan a xira de presentación deste traballo para a que teñen xa confirmadas 20 datas ata primeiros de febreiro do 2020 e nas que presentarán un intenso traballo de posta en escena. Do traballo preparado para o escenario xa nos avanzaba Tarci Ávila en maio que nas súas previsións estaba que se tratase dun espectáculo especial "cunha estética na que se irán sucedendo catro ambientes diferentes no escenario de acordo coas catro estacións e que será moi bonito". A sala Manchita Cosa de Ferrol será o lugar onde o vindeiro sábado 19 de outubro comece a verse a potencia da proposta de Cuatro estaciones.