Nun par de semanas o dúo Presumido farán xa públicos todos os temas do seu EP Primavera, o segundo dun proxecto autoeditado, pensado ao xeito de Vivaldi ou dunha pizzería como Cuatro estaciones que se iniciou en decembro pasado co EP Invierno e que finalizará o vindeiro 23 de setembro coa saída do disco conxunto no que xa se incluirán nese momento as cancións da última fase Outono. Polo de agora veñen de presentar un avance desta vindeira entrega, o tema A la Guillotina el miedo un título que tamén pode servir para encabezar o proceso que os levou ata este momento protagonizando un capítulo de rebelión desde abaixo pouco habitual na escena musical do país como é o de loitar pola súa liberdade discográfica. Se ben a súa é unha historia que non aspira a presentarse como "normal" ilustra algunhas das dificultades e situacións nas que os profesionais da música se ven día a día e neste caso o final (ou cando menos a situación actual) pode dicirse que é feliz.
Cando falamos con Tarci Ávila, un dos integrantes de Presumido, sabemos moi ben que non o collemos de novas cunha entrevista. Desde que en novembro pasado o dúo presentou unha campaña de achegas nunha plataforma de crowfunding para recuperar os seus instrumentos empeñados a súa historia xerou un enorme nivel de atención e as entrevistas e artigos sobre eles veñen sucedéndose desde entón en todo tipo de medios. O dúo de synth-pop revelaba naquel momento unha situación de debilidade económica na que quedaran tras pagar para resolver o seu contrato co selo independente Music Bus co que sacaran no 2017 o seu primeiro disco Vendetta. Para pagar esa liberdade Tarci Ávila e Nacho Dafonte empeñaron os seus instrumentos e despois iniciaron esa campaña para recuperalos e poñerse a traballar no seu novo disco, o que agora están presentando por partes en forma de EPs estacionais.
En dúas semanas conseguían espertar a empatía de arredor de 200 persoas que fixeron as súas achegas e conseguiron non só completar a recadación dos 6.000 euros precisa, se non que a súa historia chegase a todos os recunchos grazas a unha enorme amplificación en medios especializados e xeralistas atraídos polo seu discurso de busca da liberdade e atrevemento. "Grazas aos fans, puidemos pagar a nosa liberdade pero quedamos sen diñeiro para facer unha promoción decente e, ao final, toda esta situación permitiunos ter unha penetración en medios e unha difusión que realmente foi a nosa campaña de promoción. Incluso medios de primeira liña nacional, de telediarios nos chamaron", lembra Tarci. Desde xeito, a crise máis forte pola que pasara ata entón este dúo cuxo primeiro disco conseguira gabanzas da crítica nacional especializada, converteuse non só nunha oportunidade se non nun fito enorme e altamente positivo. As súas mellores consecuencias seguen a acompañalos hoxe nas sucesivas saídas dos temas dos catro EPs (ata o momento só esta presentado Invierno e un tema de avance de Primavera que xa estará completamente dispoñible nun par de semanas). A banda segue aumentando en presenza e coñecemento por parte do público e as súas citas cos escenarios van en aumento. "Temos máis festivais que nunca", recoñece Tarci cunha axenda por diante na que están o Fa Ce La fest, PortAmérica ou Sonorama Ribera, a "palmadiña nas costas" que notaron do público tras facer pública a súa historia e que viron claramente no único concerto en sala que fixeron en Madrid na sala Costello. "¡Fai un ano e pico metemos 40 persoas nesa sala e desta vez esgotamos xa todo na venda de entrada anticipada!", exclama o músico remarcando a diferencia en positivo co seu pasado recente. Igualmente cancións como El rey azotado, a primeira que presentaron desta nova etapa, resúltanlles máis coñecidas ao público que outras que tiveron supostamente máis percorrido e alcance do disco Vendetta . "Nesta loita de David contra Goliat o resultado non é solo simbólico, dalgún xeito esta funcionando a un nivel pragmático". Ávila cre que ese resultado pode ter que ver coa credibilidade que agora ten o grupo como proxecto comprometido coa súa música, "cando entendes toda a historia que hai detrás de nós e porque Presumido Records é Presumindo Records, pois dis: imos darlle unha oportunidade e escoitar isto porque é interesante todo o que ven detrás, todo o que ocorreu ata que chegou esta canción a min".
Superar a desaparición nas redes
Entre as consecuencias máis negativas que trouxo a súa "liberación" respecto á discográfica cabe sinalar a desaparición da súa música en todas as redes sociais e plataformas. Cando desfixeron o seu contrato o selo procedeu a borrar todos sos seus rexistros tanto de You Tube como de Spotify e o resto de plataformas onde estaban presentes, un "borrado de memoria" dese disco Vendetta que conseguira aparecer nas listas dos mellores traballo do seu ano en varios medios especializados estatais pero que, dun día para outro, parecía que non existise. "Desapareceu todo o noso material no momento que o descatalogaron", lembra Tarci relatando despois o complicado proceso polo que "a base de loitar, asesorarse e moitos quebradeiros de cabeza" puideron recuperar cando menos o número de reprodución en Spotify pero perderon todas as que tiñan en YouTube, sitios onde a monetización que reciben os autores resulta completamente dependente das veces que os seus arquivos se reproduzan e da acumulación delas para acceder a diferentes niveis de pago.
Esta "desaparición" ilustra a dificultad dese acceso á liberdade en canto a represalias e, sen ser habitual, é unha circunstancia que non só afecta a Presumido. "Sen poder dicir nomes- cóntanos Tarci- , cando levantamos toda esa movida, puxéronse en contacto con nós moitas bandas de selos supostamente independentes, que dixeron: a vosa loita e o voso éxito son a nosa loita e o noso éxito porque nós pasamos polo mesmo". A situación desfai unha certa mitificación das vantaxes de traballar no espazo das discográficas independentes unha aposta que se fai ás veces segundo Tarci Ávila, porque "crees que nel están mirando por ti, e que están facendo este traballo supostamente máis artesán, máis mimado", explica, "pero ao final nós chegamos á conclusión que non hai selos independentes e selos non independentes, hai simplemente selos e todos funcionan igual. Tampouco temos que facer disto un drama, a dura realidade é que é un negocio e que ninguén te veña vendendo que por ser independente é menos negocio, non. É un negocio máis pequeno, a diferencia entre ter unha S.L. e unha S.A. pero non deixa de ser un negocio e ao final cada un barre para casa e intenta buscar os beneficios para a súa empresa e nese caso o selo é unha empresa e Presumido, ou calquera grupo, é outra empresa e cada un ten os seus intereses", afirma o músico con rotundidade ao mesmo tempo que quere aclarar que non descartan nun futuro, de encontrar o equipo axeitado, volver a traballar con algunha discográfica se chega o caso.
Re-Vendetta e pizza en porcións
A recuperación do seu material anterior aproveitárona os Presumido para exercer unha melloría e mirar só levemente cara atrás, xa non con ira senón con retranca. Así o disco Vendetta sufriu un cambio na nova posta en comunicación nas plataformas, rebautizado como Re-Vendetta apareceu reeditado e con novidades, cunha nova portada, remedo da anterior pero "ademais ten algunhas cancións extras, un remix... Por iso decimos que a re-edición é mellor que a edición". Deste primeiro disco ao actual que está en curso a banda tamén fixo evolucionar o seu son e así o demostran colgando tamén as listas de reprodución das bandas que máis os influían cando facían ese primeiro disco e as que os están influíndo neste proxecto Cuatro estaciones. Tarci resume así eses cambios: "Quizás hoxe en día deixamos un pouquiño atrás raíces oitenteras e noventeras escuras como podiamos ter en Vendetta, daí eses Massive Attacka, Nine Inch Nails, etc. E agora mesmo estamos a buscar un son máis actualizado. Agora estamos moi enganchados a Billie Eilish , estamos flipando cunha rapaza de 17 anos nun panorama que é practicamente 100% trap e que saia con esa música electrónica pop de calidade tan sublime". Efectivamente os temas que están a presentar nestes novos traballos, especialmente A la guillotina el miedo, avance de Primavera amosan ambientes máis luminosos e pop. Así nesa lista actualizada podemos ver nomes de divas do pop internacional como Katy Perry, Taylor swift, ou Ariadna Grande e á vez mitos da electrónica moderna que son moi de culto, como poden ser Arca, Bon Iver, James Blake, Jon Hopkins... Neste momento o dúo ten claro que a súa posición ante as sempre inxustas etiquetas xenéricas case imposibles de esquivar nos grandes espazos de comunicación está no pop indie. Presumido non é unha banda electrónica, senón unha banda de pop con ferramentas electrónicas en vez de con guitarras, asegura Tarci, e resume esa toma de posición na súa traxectoria, "quixemos disparar un pouquiño a todos lados, tanto á electrónica como á escena indie e lanzamos practicamente as mesmas mensaxes, as mesmas sinais de fume e parece que calamos máis en medios e público da escena indie e da escena pop, visto o cal decidimos deixar de malgastar enerxías en tentar tocar no Sonar (ri) e basear os esforzos en entrar na escena pop en España que é o noso selo de identidade. Está claro que nós non temos nada que ver con Sidonie ou Lori meyers pero está claro tamén que compartimos público con esas bandas".
O vindeiro 23 de outubro, coa entrada do outono estacional, Presumido presentarán o traballo completo Cuatro estaciones engadindo nese momento a parte do Outono que prometen que será "radicalmente diferente ao resto de estacións", di Tarci rotundo. Ese último anaco de "pizza" será sgundo el "tremendamente coherente co concepto do outono a nivel colores e sensacións e vai ser un peche de disco tremendamente bonito e emocionante, aí o obxectivo era gozar por gozar e experimentar por experimentar e vai ser quizais o resultado máis artístico de todo o proxecto". Nese momento ademais iniciarán tamén unha xira por salas co traballo completo que neste momento están rexeitando facer ata poder presentar todos os capítulos do seu traballo. "Recibimos bastantes propostas de tocar en salas e pedímoslle a toda esa xente un pouco de paciencia argumentando que non queremos facer unha xira en salas só con un EP ou dous" Unha vez que o conxunto do traballo estea publicado ao completo Presumido fará unha xira de salas na que xa están traballando para que sexa un espectáculo adaptado "cunha estética na que se irán sucedendo catro ambientes diferentes no escenario de acordo coas catro estacións e que será moi bonito", prometen. Agora coa súa liberdade acadada a banda deixa voar a imaxinación cara onde lles apetece e o público e os medios gustan de prestarlles cando menos esa atención que merece quen arriscou pola súa liberdade creativa.

"cando entendes toda a historia que hai detrás de nós pois dis: imos darlle unha oportunidade e escoitar isto porque é interesante todo o que ven detrás, todo o que ocorreu ata que chegou esta canción a min"