O Premio Taboada Chivite vai para un estudo que explica a variabilidade do ferrado

Rubén Castro relacionou as variacións nesta medida coa distribución dos antigos concellos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Rubén Castro. Fonte: USC

Rubén Castro. Fonte: USC

A segunda xeira do Premio Xesús Taboada Chivite, que convoca Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, recoñeceu un estudo que tenta explicar a variabilidade dos ferrados na xeografía do país. No estudo De señores, señoríos e medidas do país: cartografía metrolóxica da Galicia moderna, o historiador Rubén Castro vincula as diferentes superficies que que abrangue esta unidade de medida tradicional ás fronteiras dos antigos concellos ou xurisdicións existentes no país. A seguir a hipótese de Castro, a distribución das medidas dos ferrados é idéntico nun 92% ao mapa dos concellos antigos, que se mantiveron desde o final da Idade Media ata o século XIX. O galardón conta cunha dotación de 6.000 euros e recoñece as mellores investigacións en arqueoloxía, antropoloxía ou historia.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antropoloxía, Idade Media, Xeografía, Arqueoloxía...