Unha investigación sobre a raia seca gaña o Premio Taboada Chivite

A antropóloga lisboeta Paula Godinho estudou as relacións entre os concellos da fronteira

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Ouvir o galo cantar dúas veces é o título da investigación coa que a antropóloga portuguesa Paula Godinho gañou o Premio Xesús Taboada Chivite por unanimidade. A investigación céntrase nas relacións entre o municipio portugués de Chaves e os galegos de Verín, Vilardevós, Oímbra e Cualedro, investigando sobre as consecuencias dos procesos políticos de marcación das fronteiras e as relacións de cooperación e conflito entre os municipios de ambos lados da fronteira. A obra foi elixida por unanimidade por un xurado composto por Fernando Acuña Castroviejo, José Gandra Portela, Lourenzo Fernández Prieto, Susana Reboreda Trasfogueiro e Carlos Francisco Velasco Souto.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lourenzo Fernández Prieto, Portugués, Etnografía, Antropoloxía