
O xurado, que tomou a decisión por unanimidade, acordou tamén declarar finalista a novela da escritora MarÃa López Sandez titulada A noite da deusa a sinalar o seu "moi coidado estilo nunha obra que elabora unha xenealoxÃa feminista coa fusión de diferentes mitoloxÃas cun ollar contemporáneo".
Montse Pena Presas, Antonio Manuel Fraga, Xosé Cobas e a gañadora e finalista da edición anterior, An Alfaya e Xosé de Cea, compuxeron o comité de selección, que estivo presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, e contou coa xefa de servizo da área de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria.