Cartografía en Movemento leva a cultura ás rúas de Lugo

A nova edición do festival achega danza, teatro ou literatura á Cidade da Muralla do 26 ao 28 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Cartografía en Movemento leva a cultura ás rúas de Lugo

A Asociación 3 Monos e o Concello de Lugo presentaban onte a oitava edición do festival Cartografía en Movemento. Este encontro, que se desenvolverá do 26 ao 28 de setembro vindeiros, achegará ás prazas e rúas da cidade propostas de danza, teatro ou presentacións de libros. O programa, que medra este ano mercé á colaboración do concello, inclúe a peza MAPA de Esther Latorre, premiada no Certame Internacional de Coreografía Burgos-Nova Iork, mentres Ánxela Blanco presentará Voos, espectáculo creado no marco da Residencia Paraíso de 2018. Os colectivos Géminis e Sereno, Palomoquiños, Ánxela Gracián ou Elas son outras das propostas que farán parte do festival.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Literatura, Cidade da Muralla...