Co lema "Coloreando a cidade", o Festival CartografÃa en Movemento chega esta semana á súa sexta edición na cidade de Lugo, da man da asociación 3monos, co mesmo obxectivo que o fixo nacer: redescubrir os espazos da cidade a través das artes escénicas. Ademais, este ano a programación creceu con respecto ás anteriores edicións grazas á entrada do festival na rede galega de festivais de danza 'compliCIDADES' e á colaboración doutros axentes da cidade.
CartografÃa é un festival que ten como motor a posibilidade de descubrir os espazos que habitamos a través das artes escénicas. A idea é que cada persoa, parella ou grupo elixa un espazo da cidade e cree unha proposta escénica como froito dun diálogo con el, dunha experiencia co lugar. Non hai limitación no tipo de linguaxe a utilizar dentro das artes escénicas, dende a danza e o teatro á lectura poética ou á intervención plástica. A duración das obras ten un máximo de 15 minutos.
A programación, repartida en catro dÃas, arranca o xoves ás 13.00 horas coa peza Todas as cartas de amor son ridÃculas, interpretada polo alumnado de 1º de bacharelato do Colexio Fingoi na praza de Santa MarÃa. A xornada do venres estará dedicada á coreógrafa alemá Pina Bausch. Ademais da proxección dunha pelÃcula sobre o traballo da coreógrafa alemá e un coloquio presentarase The Nelke Line, un proxecto de danza de rúa da Fundación Pina Bausch. O sábado as artes escénicas encherán as rúas da cidade dende as 11.00 horas da mañá ata as 20.00 horas da tarde, con propostas de distintas integrantes da asociación e doutros grupos que convidarán a percorrer a cidade cun mapa en movemento.
O domingo, e grazas á entrada de CartografÃa en Movemento na rede galega de festivais de danza Complicidades, celebrarase a última xornada do festival co programa Danza en ruta en Vilar de Donas, onde se poderán ver as pezas de Diego Buceta, As vacacións máis longas, e MarÃa Move, Toda a beleza do mundo.