A segunda xeira do programa Reb/veladas na paisaxe abrÃa onte as súas portas na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. O proxecto que vencella a creación artÃstica contemporánea cos espazos naturais do Gaiás incorpora nesta nova edición o Camiño de Santiago como un dos eixes de traballos para as creadoras convidadas. Aicia Framis (Barcelona, 1967), Clara Montoya (Madrid, 1974) e Pablo Barreiro (Meaño-Pontevedra, 1982), foron os artistas escolleitos polas comisarias do proxecto, Paula Cabaleiro, Monserrat Pis Marcos e Sara Donoso.
Segundo explica a ConsellarÃa de Cultura, Alicia Framis xoga en Deixa aquà os teus medos coa lectura da peregrinación como punto de fuga e de deixar atrás a través dunha caixa de correos en forma de pirámide. Pola súa banda, Clara Montoya "ponlle música a bóveda celeste do Gaiás en Constelacións II". Unhas cadeiras con altofalantes na faldra oeste do Bosque de Galicia, permitiranlle ao visitante estoicar "un coro interpretar a música designada á estrela que ten enriba".
Finalmente en (Re)producións (entre o erro e a verdade), Pablo Barreiro "recrea algúns dos elementos máis icónicos que se poden atopar no Barroco compostelán para posteriormente situalos, descontextualizados, no paseo asfaltado que se atopa entre o XardÃn Literario e o Bosque de Galicia".
As intervencións poderán verse ata o vindeiro 20 de xaneiro de 2020.