AS IV Xornadas de Onomástica Galega centraranse no nome das rúas

Celebraranse no Museo de Pontevedra o 19 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Reivindicar e entender os nomes das rúas como descritores dun espazo pero tamén como conmemoradores dun contexto social, político e cultural é a demanda central das IV Xornadas de Onomástica Galega que organizará a Real Academia Galega no Museo de Pontevedra o sábado 19 de outubro. Na xornada presentaranse aspectos moi diversos: a conformación medieval dos nomes das rúas de Santiago e Baiona na Idade Media, a apropiación do espazo público durante a Guerra Civil e as políticas públicas de memoria ou a salvagarda da toponimia tradicional. O filólogo Gonzalo Navaza presentará unha proposta para un modelo de denominación das rúas ou de recuperación de topónimos anteriores.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Gonzalo Navaza, Idade Media, Guerra Civil...