Abanca promove a primeira universidade privada galega

A Xunta ten en exposición pública o anteproxecto de Lei que permitirá a creación da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Co Anteproxecto de Lei de recoñecemento da Universidad Intercontinental de la Empresa en proceso de exposición pública, a Xunta de Galicia está en camiño de aprobar a posta en marcha da primeira universidade privada do noso país. A iniciativa, promovida por Abanca a través de Afundación, pretende impartir catro graos, catro mestrados universitarios e dous programas de doutoramento en espazos da Coruña e de Vigo aínda que a sede do proxecto estará radicada en Compostela.

Segundo se explica no anteproxecto de Lei, o obxectivo da nova universidade "é constituírse en universidade privada de servizo público, especializada no eido da empresa e de carácter internacional desenvolvendo unha actividade académica centrada en dúas áreas de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas e enxeñaría e arquitectura".

Logo da previsible aprobación deste proxecto, Afundación terá cinco anos para iniciar a actividade docente. A universidade deberá contar cun sistema de bolsas propio para o seu alumnado, ao que deberá dedicar un 15% dos seus ingresos anuais.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abanca, Afundación, Xunta de Galicia, Vigo...