O pleno do Parlamento de Galicia aprobou este 13 de xullo a Lei de recoñecemento da universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa, cos únicos votos a favor do grupo parlamentario do PP. A aprobación permite que Abanca poida pór en marcha a que será a primeira entidade privada deste tipo legal no noso paÃs, que ten previsto iniciar a súa actividade no curso 2022-2023.
A Lei que ampara a nova institución académica saÃu adiante sen atender ás emendas á totalidade presentadas polos grupos do BNG e do PSdeG na cámara e cun informe en contra do Consello Económico e Social de Galicia, que destacou que no proxecto non se especifican as titulacións ofertadas e incúmprese a normativa vixente ao propor un grado a cargo dun instituto universitario, cando estes centros deben estar dedicados I+D+i. O Consello Galego de Universidades, pola súa banda, emitiu un informa a favor do proxecto de Abanca malia ao voto en contra dos reitores das tres entidades públicas que existen no paÃs.
No debate, o PPdeG defendeu o "proxecto solvente" da entidade bancaria para esta institución académica, mentres que Abanca anunciou que a iniciativa "vén sumar e diversificar a educación universitaria e postuniversitaria en Galicia e subliña que se trata dunha entidade sen ánimo de lucro, de servizo público e xestión privada". A entidade bancaria destacou que a nova oferta supón "unha alternativa para que os universitarios galegos que cursan os seus estudos de grao e posgraduado noutras comunidades permanezan na comunidade. Ademais, será un foco de atracción para estudantes de fóra de Galicia".
A nova entidade ten previsto impartir grados en enxeñarÃas de sistemas e empresariais, un mestrado en enxeñarÃa de datos de intelixencia de negocios, un grado en negocios dixitais, outro en neuromárketing e comportamento do consumidor e mais un grado e un mestrado en Administración e Dirección de Empresas que actualmente se imparten no IESIDE Business Institute, tamén promovido por Abanca.
Desde a oposición denunciouse que o proxecto duplica titulacións xa existentes no paÃs, como é o caso da formación en Administración e Dirección de Empresas, o que incumpre a lei do Sistema Universitario de Galicia. Ademais, sinalouse que a iniciativa abre a porta a novas entidades deste tipo no paÃs, e entra en competencia coa universidade pública.