
O programa contará cun adianto nas fins de semana de 14 e 15 e 21 e 22 de setembro, coa iniciativa Coñece o rural, unha serie de andainas a pé e paseos en bicicleta para coñecer as parroquias do rural compostelán.
No programa, aÃnda por publicar, inclúense propostas como a exposición Anacos do rural, que recupera unha selección de imaxes documentais e históricas do rural de Compostela e da provincia da Coruña datadas entre 1934 e 1989. No Festival Carlos Velo proxectarase unha selección das 277 curtas recibidas a concurso, das cales 111 aspiraban a participar na categorÃa documental e 166 na de ficción.