O concello de Santiago presentou onte o cultRural, un proxecto que combina conferencias, obradoiros de cociña, debates e o IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo. Con esta iniciativa, o concello quere chamar a atención de que "o termo municipal de Santiago ten unha extensión de máis de 220 quilómetros, e a maior parte deles son zona rural. Temos 20.000 veciños e veciñas que viven nas parroquias". Segundo o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, "Compostela ten que poñerse á fronte das iniciativas pioneiras que supoñan novas oportunidades para a conservación e integración da biodiversidade, e permitan facer unha relectura contemporánea do ámbito rural". O programa inÃciase o martes, 12 de decembro, cun debate sobre os modelos dos grupos polÃticos da corporación para o rural, o mércores explicaranse diferentes propostas de dinamización do rural en marcha en diferentes sitios de Galicia, o xoves falarase sobre experiencias agroalimentarias de éxito e o venres haberá un obradoiro gastronómico sobre tres alimentos asociados á cidade: a cabra, o tomate negro e o grelo, xunto con outras actividades. AsÃmesmo, o IV Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo iniciarase o martes 12 e contará coa proxección de obras.