A proxección en estrea do documental Cesteando, de Plácido Romero abriu onte na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC os actos do IIIº Festival Internacional de Cinema Rural Carlos Velo. O FICCVelo presentou onte a o seu programa inaugurando ademais unha nova etapa en base a un convenio coa USC que fará que nesta ocasión a cita se celebre nas instalacións desta facultade compostelá entre o 14 e o 16 de decembro. Ata o de agora o evento organizado polo colectivo lareira Pop celebrábase en Celanova. O evento especializado na temática rural recibiu nesta ocasión 200 obras desde paÃses como Uganda, Italia, Argentina, Luxemburgo, Venezuela, Reino Unido, Rusia, Noruega, Colombia, Francia, Brasil, Serbia, Suiza ou Georgia ademais das fitas galegas e españolas. O xurado deliberará sobre as dez finalistas e emitirá o seu veredicto o dÃa 16 na Cerimonia de Entrega de Premios e Clausura do Festival. Polo convenio coa organización foron os estudantes da USC os que fixeron a selección que deu como resultado as dez cintas en documental e ficción que se poderán ver eses dÃas e que estará precedidas por mesas redondas sobre o rural de Galicia e a súa relación co audiovisual. O FICCVelo ofrecerá tamén unha retrospectiva inédita sobre os fondos dos Arquivos da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente asà como a estrea dunha obra de produción propia sobre o cineasta ourensán Carlos Velo, exiliado en México e debates sobre a necesidade de recuperar e manter viva a memoria material e inmaterial dos pobos do mundo.