Do 22 de setembro ao 13 de outubro vindeiros Galicia acollerá as actividades que fan parte do programa Camiño Escena Norte. Esta iniciativa, coordinada polas asociacións profesionais de empresas de produción escénica de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, desenvolve nestas comunidades unha proposta de intercambio escénico pioneira que inclúe ademais encontros co público e espazos de reflexión profesional.
Ribadeo, Mondoñedo, Lugo, Vilalba, Arzúa, Sobrado dos Monxes e Santiago acollerán as funcións de Teatro del Cuervo con Bojiganga, La Tejedora de Sueños con Como ceniza blanca sobre una hoguera, La novia del viento de Ábrego Producciones, Beatus visiones del apocalipsis, de Espacio Espiral, Teatro Goraka con El viaje de Ulises e Hika Teatroa con Sagartu, todas elas de balde e acompañadas de obradoiros e debates para facilitar o encontro co público. Ademais, e no marco do FIOT de Carballo, celebrarase o foro de dramaturgos e dramaturgas Artes escénicas e interculturalidade.
En contrapartida, as compañías galegas A Panadaría e Baobab Teatro levarán os seus espectáculos a Asturias, Cantabria e Euskadi, mentres Contraproducións participará nunha residencia teatral neste último territorio. O proxecto xa comezou no noso país o pasado 2 de setembro coa residencia de creación no Salón Teatro das compañías Urdime (Galicia) e El Callejón del Gato (Asturias), que traballaron nunha coprodución.