O noso coñecemento do pasado é sempre limitado á información que posuÃmos e á subxectividade das testemuñas que del se puidesen obter. Existe un debate sobre a reinterpretación posible que del facemos e aos diferentes xeitos e camiños para achegarnos á súa comprensión. No marco da curiosidade turÃstica ao coñecer un lugar o pasado é unha das claves para darlle valor e entrar na súa dimensión cultural, histórica e humana. Son moitas as ferramentas que se poden usar nese sentido para darlle a información ao viaxeiro interesado: mapas, paneis, aplicacións móbiles, realidade aumentada, visitas guiadas convencionais e tamén podemos levar a cabo iniciativas nas que usamos da vella arte da interpretación teatral e a personificación de outros. Do mesmo xeito que ocorre na publicidade, as mensaxes que chegan con caras e nomes, sobre todo sen son coñecidos, callan mellor no público. Xa que non podemos viaxar no tempo para coñecer as circunstancias nin aos personaxes protagonistas ou secundarios das historias hai que os trae a eles ao presente para que sexa da súa man que coñecemos unha historia, un lugar, uns feitos, a través da súa palabra.
Na Costa da Morte, en concreto en Camariñas, Bernardino MartÃnez leva a cabo unha experiencia que descobre aos visitantes uns feitos relevantes ocorridos na zona en distintos momentos da súa historia: os naufraxios. Co marco do Cemiterio dos Ingleses, o lugar onde se levaban a enterrar desde o século XVI os corpos dos mariñeiros estranxeiros que chegaban ás praias tras os naufraxios de buques estranxeiros. AlÃ, MartÃnez, acompañado dun grupo de actores e actrices leva a cabo unha representación que baixo o tÃtulo de Noite dos Naufraxios xunta a vivos e mortos e achega aos visitantes a varios capÃtulos de desgracias navais ocorridas nas augas que arrodean ese punto. Para iso métense na pel de personaxes reais e ficticios que tomaron parte xa como parte das tripulacións ou desde a terra, nestes episodios que forman parte da historia e da idiosincrasia dunha zona do noso paÃs que por causas coma estas recibiu o seu nome de Costa da Morte. A oferta compleméntase con outras da mesma zona que serven para achegar a historia e feitos a visitantes, como visitas guiadas, páxinas web e aplicacións.
Da información á dramatización
Bernardino é camariñán, técnico de cultura municipal e pedagogo teatral, a súa relación cos naufraxios, ademais de pola súa orixe costeira, ven do traballo de documentación que levou a cabo para o Concello coa fin de crear a páxina web rutadelosnaufragios.com que ofrece unha completa información sobre as caracterÃsticas destes accidentes marÃtimos ante as súas costas. A páxina ofrece varios "audio relatos" nos que a narración oral ofrece elementos dramáticos e sonoros que as enriquecen e a partires de aÃ, MartÃnez sacou a idea de ir máis alá nesa mesma dirección e poñer o seu coñecemento sobre a arte dramática ao servizo da historia ou historias que deixaron pegada no territorio. "Agora teño unha empresa e e un grupo de teatro e levo xa un par de anos traballando no tema do turismo facendo as visitas guiadas", di. O libro Costa de la Muerte (!980) de José Baña Heim foi unha das súas fontes información básicas, ademais de outros máis recentes e a posibilidade de acceder a información sobre os informes e testemuñas xerados sobre todo en Inglaterra a partir dos sinistros de cada embarcación. Un protocolo exhaustivo por parte das autoridades e casa de seguros que hoxe nos permite coñecer mellor os detalles das historias. "As historias tiñámolas todas aà nos libros, sobre todo no de Baña Heim, e con todos os libros máis actuais que achegan nova información. -di Bernardino- A maiorÃa dos libros o que achegan son datos e a nós nos interesaban máis a historias persoais, que as hai, e agora hai acceso a moita información". Eles póñense na pel de personaxes coma George Chirgwin, único supervivente do Irish Hull en 1883 ou dalgún dos tres tripulantes do Serpent, afundido en 1890, e contan a súa historia en primeira persoa.
As representacións de Noite dos Naufraxios, a pesares de ser fidedignas cos datos son puramente teatrais, nin visitas guiadas nin visitas teatralizadas, son "teatro puro e duro" en palabras de Bernardino, que non dubida que sexan perfectamente compatibles e mesmo complementarias coas visitas guiadas máis convencionais. "Non se solapan, ao contrario, se complementan perfectamente, pero a sensación é completamente distinta." Para el, que fai as dúas cousas, resulta incluso máis interesante organizarse para facer as dúas cousas, "se fas a visita guiada antes xa tes o contexto. Entón aà chégate unha personaxe que te empeza a falar e co que te quedas é coa súa traxectoria vital, o que lle pasou...". Unha parte moi importante das licencias dramáticas que se toman está vencellada á propia posta en escena. Aà o lugar onde se fan, o Cemiterio dos Ingleses, é case unha personaxe máis da trama e arredor del xira todo. "Isto posto en teatro perderÃa, xa non serÃa o mesmo de facelo sobre un escenario. Necesita estar conectado co lugar", afirma MartÃnez. O seu afán e converter ese achegamento aos naufraxios como unha experiencia de inmersión na historia, "nós queremos que a xente viaxe", di, para que aproveitan con mimo as posibilidades que lles da un cemiterio, que "non é ao uso", e os seus espazos, tamén traballando a iluminación e a ambientación mesmo con música, "Ãmolos movendo ao longo do cemiterio de afora para dentro e eles van entrando nas historias".
Unha identidade forxada na relación cun mar mortal
A Costa da Morte, debe o seu nome á sucesión destas desgracias e polo tanto forman parte da súa identidade e dos seu patrimonio, malia o triste dos sucesos. Para Bernardino hai un innegable carácter cultural, ademais dunha oferta turÃstica, neste achegamento á nosa historia, ademais de pola vÃa artÃstica teatral elixida para facelo. A súa intención é "facer unha homenaxe a toda esta xente, lembrándoa, é o maior patrimonio inmaterial que temos na Costa de Morta e eu reivindÃcoo", di ao mesmo tempo que asegura que non se trata de atraer pola vÃa máis sinistra: "O morbo non nos interesa". Como parte da identidade cultural do paÃs que se explica a través das súas representacións está explicar a relación especial que os naufraxios foron creando entre "os de alá e os de aquÃ", os que viñan polo mar e os paisanos, asà como contribuÃr a desmentir esas lendas negras nas que nas costas máis accidentadas se levaban cabo estrataxemas para facer estrelarse os buques e asà facer a pillaxe sobre as súas cargas. Unhas lendas moi estendidas e que segundo Bernardino, xa veñen do medievo e son extensivas a zonas de Inglaterra, Irlanda e Gales. "É unha lenda moi estendida, pero é doada de desmontar", di o camariñán, "grazas ás crónicas dos informes feitos en Inglaterra tras os afundimentos". De acordo con estes resulta certo que moitas partes das cargas dos naufraxios podÃan desaparecer nas praias ou nos propios barcos embarrancados "iso era normal", dÃ, "pero sobre todo se fala do bo acollemento e da hospitalidade da xente de aquÃ". MartÃnez lembra de casos nos que naufragaba máis dun barco na mesma xornada e se lles proporcionaba incluso roupa. "En todas as crónicas fálase da xenerosidade e da boa hospitalidade e, a ver, os galegos somos asÃ, igual para o noso veciño non hai pero nunha traxedia incluso moitos arriscaron a súa propia vida, indo en barcos desde Camelle, MuxÃa ou camariñas, pero esa lei non escrita do mar é que ante calquera dificultade se bota unha man".
Outra "singularidade" que deixan ver as historias recompiladas destes sucesos que o grupo de Bernardino levan á Noite dos Naufraxios de Camariñas é o atraso e illamento que tiveron que sufrir nesa parte da costa durante moitos anos: "Nas crónicas dos xuÃzos e declaracións, saen as deficiencias e o atraso destes lugares, falta de iluminación, de comunicación, non habÃa telégrafos, aquà pasaba algo e habÃa que ir a Corcubión que está a 40 quilómetros. Algunhas crónicas empezan a contar pasados seis dÃas desde o naufraxio, porque antes diso non chegaban as noticias". A través dos personaxes e das historias que nos contan podemos comprender estas situacións de relación tan especial coa contorna que se establecen nun lugar como ese e cunhas circunstancias de accidentes marÃtimos tan frecuentes. Unha identidade, de xentes do mar moi especiais, que se foi forzando desde tempos inmemoriais. Desde esa perspectiva, o público local vive as representacións dun xeito moi particular "A xente que ven de aquÃ, sobretodo xente que é da comarca e que son do mundo do mar hai escenas que os removen por dentro. Cada un tipo ten algún tipo de vivencia con perdas no mar"
Por toda a costa galega
O vindeiro 9 de novembro volverá ao Cemiterio dos Ingleses de Camariñas unha nova representación da Noite dos Naufraxios coa que o Concello quere tamén homenaxear a algúns dos "hóspedes" principais do propio cemiterio, os tripulantes do cruceiro HMS Serpent, da mariña británica, que afundiu alà en novembro de 1890, deixando a vida 172 dos seus 175 tripulantes. A situación do cemiterio en Camariñas facilita a recollida desta historia e a de outras moitas ocorridas na parte costeira do concello pero son moitas as localidade do resto da Costa da Morte e tamén da enteira franxa marÃtima de Galicia que serÃa susceptibles de contar historias parecidas. Levar estas representacións a moitos outros puntos das nosa costas é un dos afáns actuais de Bernardino "xa teño establecidos contactos con outros Concellos porque quero facelo en outros puntos estratéxicos da Costa da Morte, hai outros lugares desde Malpica ata Fisterra, cada concello ten o seu lugar, incluso no sur de Galicia que tamén hai moitos naufraxios, aÃnda que non estean dentro da Costa da Morte, que nos seus tempos cando se definiu chegaba ata Vigo e logo se foi reducindo, pero nos primeiros mapas que se nomea á Costa da Morte era practicamente toda a costa galega", lémbranos Bernardino MartÃnez.
O proxecto ten xa o precedente destas Noites e poderÃa facerse por abundancia de historias en outros moitos lugares pero para facer sostible unha representación deste tipo na que participan varios acores e actrices, ademais dun director e que requiren montaxe e escenografÃa fai falta, ademais dun escenario natural que conecte ao espectador coa historia, unha aposta económica, xa sexa pola visión turÃstica como pola cultural. "Sabemos que os concellos teñen un problema de cartos, nós este ano presentámolo a través da Deputación Provincial da Coruña, sacaron unha liña de axudas para proxectos singulares culturais pero non dan resolto, e eu creo que ese entraba." MartÃnez, que é ademais técnico municipal de Cultura ten claro que o camiño dun proxecto como este supera o eido localista: "A Deputación é o ente perfecto porque é quen pode facer algo a ese nivel, salvando cada municipio." Ademais o impulsor desta proposta aposta por uns espectáculos que fuxan dunha asistencia masiva, buscando que cando se programe se faga para grupos nos que a experiencia que se poida ter sexa a máis proveitosa "Temos claro que a actividade ten que ser de calidade, por exemplo non podemos meter duascentas persoas, nunca vamos a meter máis de cen persoas, se metes máis ca cen hai tres ou catro filas e iso é importante, non masificar o lugar." Ata o de agora semella que, enteradso sobretodo polo boca a boca, quen asistiu sempre quixo máis, "ninguén nos dixo isto me parece unha farsa ou unha parvada, senón todo o contrario." O vindeiro novembro haberá a derradeira oportunidade deste ano de revivir, alà xunto ao mar co azote dos seus ventos e os seus sons e olores, ás historias daqueles que non chegaron a pasar por diante da nosa costa, aÃnda qu esa era a súa intención.