A sauna descuberta no castro da Atalaia será soterrada

A Xunta ordenou continuar as obras nas que apareceu este monumento

8/8/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A sauna que apareceu o pasado mes de xuño no recinto co castro da Atalaia, en Cervo, será soterrada. Así o ordenou a Dirección Xeral de Patrimonio, segundo recolle hoxe Xornal da Mariña. A medida permitirá conservar este ben ao tempo que se completan as obras de substitución de canalizacións de auga no marco das cales se realizou o achado. Ao tempo, reporase o acceso a vivendas afectadas e restaurarase a circulación na rúa. No entanto, o soterramento impedirá novas investigacións sobre este conxunto, que, segundo director da escavación Emilio Ramil, son necesarias para concretar a cronoloxía dos restos e coñecer polo miúdo a importancia dos mesmos. Segundo apunta Ramil, a musealización do conxunto tería que se desenvolver de xeito subterráneo pola existencia de vivendas próximas ao mesmo, o que suporía un importante desembolso económico.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Dirección Xeral de Patrimonio, Cervo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)