Ata 205 citas culturais terán lugar entre os meses de agosto e decembro no marco do segundo período da programación anual da Rede Galega de Teatros Auditorios, impulsada pola Xuntacircuíto, que durante 2019 terá promovido un total de 554 funcións en 39 localidades das catro provincias. Esta segunda xeira da RGTA comezou cun concerto de Budiño o pasado día 3 en Burela. Para levar a cabo esta programación, a rede conta este ano cun orzamento de 1,48 millóns de euros, cofinanciado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e as entidades locais xestoras dos máis de 40 espazos asociados. Así, en 2019 o devandito investimento destínase integramente á contratación de 152 compañías profesionais de teatro, música, danza, novo circo e maxia, a meirande parte delas galegas. Ademais do concerto de Budiño, esta carteleira ten previstas outras oito citas para agosto. Cinco delas serán co público infantil en Foz, onde hoxe poderá verse Don Quixote, unha comedia gastronómica de Limiar Teatro, o martes 6 Aguratrat de Pérez&Fernández e o luns 12 Os tres porquiños de EducaTeatro Producións; na praia de Barraña de Boiro, onde o xoves 8 Larraitz Producións Artísticas representará o espectáculo Dona Barriga Verde, e en Noia, coa posta en escena de Riscando o ceo por Circo Chosco o martes 13 no Teatro Coliseo Noela. A oferta deste mes na Rede Galega de Teatros e Auditorios complétase con outros tres concertos a cargo de Treixadura o día 8 na praza Maior do Carballiño, María do Ceo o día 10 no parque das Ánimas de Gondomar e Adhara and Ritman o día 17 na praza da Muller de Cee.
Novos espectáculos en rede
A programación intensificarase a partir de setembro, xa que a Rede Galega de Teatros e Auditorios contratou para este segundo semestre do ano 89 compañías e grupos profesionais, dos que 83 teñen a súa sede en Galicia. Moitas delas preséntanse nesta temporada coas súas novas producións, que teñen no seo deste circuíto algunhas das súas primeiras citas co público. Será o caso de Contraproducións con O electo, Chévere con Curva España, Limiar Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego con Se fosen turistas levarían gafas de sol, Odaiko con Circopeta, Pérez&Fernández con Os nenos da varíola, Producións Dispersas con Todas as marabillas do mundo, Producións Teatráis Excéntricas con Medida por medida, Teatro da Ramboia con O meu mundo non é deste reino e Sarabela Teatro con Crónicas do paraíso.