A carteleira semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia, con 40 entidades locais asociadas, ofrecerá preto de 320 funcións a cargo de 114 compañías de artes escénicas e grupos de música ata finais do vindeiro mes de xuño. Un orzamento de 1,1 millóns de euros, mantendo o nivel de investimento de 2022, permitirá o desenvolvemento da programación deste circuíto, unha das principais vías para a distribución dos espectáculos producidos profesionalmente en Galicia. Os espectáculos teatrais, a gran maioría de produción galega, concentran boa parte da oferta da rede, con 250 funcións programadas -68 delas, especialmente para o público familiar- a cargo de 79 compañías profesionais. Tamén a danza ocupa un lugar na carteleira, con 44 funcións ata finais de xuño, seguida doutros xéneros como a música, o novo circo e a maxia, que suman 25 representacións.
A programación deste semestre da RGTA ofrece algunhas das agardadas novidades da actual temporada teatral, como a estrea a pasada fin de semana no Teatro Rosalía Castro de 'Mosca', pola compañía Ártika, ou de 'Vox Populi', de Malasombra, esta semana no Pazo da Cultura de Narón. O do Rosalía será tamén o primeiro escenario no que se poderá ver o 3 de marzo 'Unha inimiga do pobo', versión da obra de Henrik Ibsen a cargo de Talía Teatro. Tamén terán as súas estreas na rede tres propostas incluídas na programación do Teatro Principal de Santiago: 'Pussy Cake', o novo de Matarile Teatro con dirección e dramaturxia visual de Baltasar Patiño, o 26 e 27 de xaneiro; 'Hamelin', a través da que Redrum Teatro ofrece unha visión contemporánea e inquietante do conto clásico, os días 23 e 24 de febreiro, e 'Códice-K', na que Ainé Produción se achega á historia do roubo do Códice Calixtino, os días 24 e 25 de marzo.
Ao tempo, a Rede de Teatros e Auditorios acolle formacións que se incorporaron recentemente ao panorama escénico galego. É o caso de 'O refuxiado', de Stracciatella Teatro, que puido verse o pasado xoves no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, onde tamén se exhibirá 'A nai', de Amorodio Teatro o vindeiro día 26, e 'O rapto da Befana', de Olivas Negras, o 21 de maio. Esta última proposta chegará antes ao Auditorio Lois Tobío de Gondomar (26 de febreiro), mentres que o Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acollerá 'Backstage' de NegroLópez o 17 de febreiro e 'Great Greta', de Greta Marí, o 28 de abril, e o Auditorio Municipal de Cedeira, a Compañía Humana con 'Iphixenia na porta do súper' o 22 de marzo e 'Great Greta' o 3 de xuño.