Coa intención clara de anovar e sorprender a vindeira edición da feira das industrias culturais Culturgal ven de dar os primeiros avances do que se ofrecerá no Pazo da Cultura de Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro. Co lema Dalle unha volta ao Culturgal esta edición a organización quere conseguir que o público se sorprenda, con cambios espaciais, de circulación e estéticos e tamén de contidos, segundo sinalou en rolda de prensa VÃctor López, o presidente da asociación Culturgal. Arrancan os traballos da Culturgal 2019 coa apertura de reserva de postos e a convocatoria aberta para propostas de programación. "Unha feira con máis cor, máis translúcida e compartida", asà resumÃa o director da Feira, Xosé Aldea, os cambios no redeseño espacial e as intencións para este ano. Estes cambios foron os que provocaron que a presentación estival da Feira e das súas convocatorias se retrasase este ano unhas semanas. A causa: os traballos técnicos derivados desta reestruturación. "Unha das dúas novidades grandes desta edición ten que ver coa circulación do público, con facer unha Feira máis translucida, con materiais como policarbonato, con máis cores e co obxectivo de que ir rachando os compartimentos estancos para derivar nunha feira máis compartida, con máis contacto humano e con máis contacto entre empresas e proxectos", explicou Xosé Aldea.
Outra novidade é o establecemento do Espazo de Cultura Interactiva, un "reto" semellante, nas verbas de Aldea, ao que acometeu a Feira hai tres anos cando impulsou o Espazo de Arte Contemporánea. "Queremos a animar as empresas con alto contido tecnolóxico: videoxogos, apps, realidade aumentada, etc, a mostrar as infinitas posibilidades de tecnoloxia nos produtos e servizos culturais. A feira ten que visibilizar este tipo de traballo que incide en aspectos lúdicos, didácticos e sobre todo participativos. Seguindo o exemplo de Arte Contemporánea, lanzamos este espazo con condicións especiais de contratación de stands", detallou o director da Feira. Para dar o punto de arranque a esta Culturgal á que "darlle unha volta", compareceron en rolda de prensa en Pontevedra, ademais de Aldea, o presidente da Asociación Culturgal, VÃctor López, acompañado dos principais patrocinadores da Feira: a Xunta de Galicia e Agadic, coa participación do seu director Jacobo Sutil, o concello de Pontevedra, coa concelleira Carme Fouces, e a Deputación de Pontevedra, coa responsable de Cultura, Victoria Alonso.