Xacobe GarcÃa gañou o I Premio Platta de Teatro Breve – Portugal coa peza A importância de chamar-se António, escrito en portugués. O texto editarase en galego, castelán e portugués no marco da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador. O xurado considerou "a fluidez da trama ben estruturada e a sucesión de accións perfectamente articuladas que conducen inexorablemente a un final kafkiano, sempre á sombra da comedia absurda”. O certame Platta, creado este ano, ten por obxectivo "estimular a escrita teatral e promover a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Platta Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (Federación Galega de Teatro Afeccionado, Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana e erregueté)".