Pontevedra acolle as exposicións 'Alba de gloria' e 'A intimidade da imaxe' do CCG

O Museo de Pontevedra inaugura tamén a exposición "Galicia, a terra dos mil panos"

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
Inauguración das exposicións no Pazo da Cultura de Pontevedra. Foto: CCG

Inauguración das exposicións no Pazo da Cultura de Pontevedra. Foto: CCG

Tres exposicións inauguráronse o mesmo día en Pontevedra. O pasado xoves, 24 de xullo, o Pazo da Cultura acolleu a inauguración das exposicións 'Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia' e 'A intimidade da imaxe', con fotografías de Anna Turbau sobre a Transición en Galicia, que se poderán visitar ata o 25 de agosto. Será, nos dous casos, a terceira vez que se abran as exposicións en diferentes puntos do territorio galego. Tamén, ao tempo, o Museo de Pontevedra acollía a apertura da mostra ‘Galicia, a terra dos mil panos' na que, segundo a Deputación de Pontevedra, "por vez primeira no país se reúne unha escolma de máis dun cento de mantóns e tecidos orixinais utilizados en Galiza nos séculos XIX e principios do XX". Os mantóns pertencen ao colectivo Sete Espadelas ou a diferentes propietarios particulares. A exposición poderase visitar ata o 1 de setembro.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Museo de Pontevedra, Castelao, Deputación de Pontevedra...