Sucédense con pesar dende onte as despedidas a Santiago Caneiro Aneiros, que faleceu aos 58 anos de idade. O seu pasamento chegou con especial calado ao eido da música tradicional onde a súa labor de décadas non deixou de ser recoñecida e apreciada. Caneiro foi profesor da Escola de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, director durante máis de dez anos da Banda de Gaitas de Narón, fundador do Obradoiro de construción de instrumentos tradicionais do mesmo Padroado e presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos entre 1993 e 2015 para pasar despois ao posto de Presidente de Honra da asociación. A súa dedicación e activismo no eido da música tradicional marcou diferenzas "desempeñando unha importante tarefa ao longo da súa vida en canto á recuperación da música tradicional galega en xeral e da gaita e da percusión en particular", segundo recoñece nun comunicado a alcaldÃa de Narón neste lutuoso momento. A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, trasladou o pésame do Concello e do propio Padroado da Cultura aos familiares e ás amizades de Santiago Caneiro destacando a súa gran contribución a impulsar a música e a cultura galegas nas últimas catro décadas. A mandataria naronesa agradeceu en nome da corporación a "intensa aportación de Santiago Caneiro ao Padroado da Cultura de Narón e á música tradicional galega en xeral, deixándonos un importante legado a través da súa profesionalidade", ao tempo que lamentou "a gran perda que supón o seu pasamento, unha destacada figura do panorama musical galego é á que sempre recordaremos con gran agarimo nesta cidade".
O loito tamén tinxe a Asociación de Gaiteiros Galego que el axudou a crear. A través dun comunicado a AGG lembra que Caneiro foi "peza clave e fundamental" na construción da Asociación de Gaiteiros Galegos, como vogal da zona de Ferrol, como Secretario e como Presidente dende o ano 1993 ata o ano 2015, que foi nomeado Presidente de honra da AGG. O colectivo subliña que o finado "dedicou a súa vida á música tradicional, en multitude de tarefas, facendo gravacións de Campo aos nosos vellos, impulsando asociacións culturais de base, grupos de Gaiteiros, de pandeireteiras, bandas de gaitas, escolas de musica tradicional, facendo foles de gaitas, mellorando os instrumentos de percusión, empresas de xestión cultural, sempre con humildade e de xeito altruista." A asociación reforza ademais o valor didáctico do seu paso asegurando que "el aprendeunos a traballar dende a base, con visión de PaÃs, e mais construÃr o presente da música tradicional tendo sempre en conta o pasado". A capela ardente permanecerá no Tanatorio Artabria, (A Gándara, Narón) na Sala 8 ata hoxe as 18.30h. cando se fará a saÃda cara ó cemiterio PantÃn, Valdoviño.