Eloy Domínguez leva ás salas Hamada

O documental explora a vida das persoa refuxiadas do Sáhara Occidental

Logo de percorrer abondosos festivais, chega ás salas galegas Hamada, o novo filme do galego Eloy Domínguez. Nado como unha coprodución entre Suecia, Noruega e Alemaña, o documental explora a vida nos campos de refuxiados do Sáhara Occidental a partir da experiencia dun mozo e da súa irmá. O filme, que se puido ver na última edición de Cineuropa, estreouse no International Documentary Filmfestival Amsterdam (IDFA), e participou en eventos coma o Doc Station da Berlinale ou o Visions du Réel.