Ángel de la Cruz creará unha curtametraxe de animación cos saharauís refuxiados en Tinduf

Animación saharaui

11/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

No ano 2003 o Festival de cine de Ourense, o ministerio de Cultura do Sáhara, varios concellos españois e a Asociación de Amigos do Sahara fixeron posíbel a creación dun Festival de Animación. E este ano repiten experiencia pero cunha novidade máis. Os nenos sarahauis que viven refuxiados nos campamentos realizarán unha curtametraxe de animación. O encargado de ensinárllelas técnicas básicas será o director e guionista Ángel de la Cruz. O resultado poderase ver na décima edición do festival de cine de Ourense.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Cine, Festival de Cine de Ourense, Ourense...